Curso gratuito manexo seguro de carretas elevadoras (22 e 23 outubro) COMPLETOInicio

Bo día,

A Asociación de Empresarios de Pocomaco organiza, a través da CEC, e con financiamento da Xunta de Galicia, un curso gratuito de 10 horas de duración sobre Manexo seguro de carretas elevadoras.

É preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.

O programa é o seguinte:

Parte teórica:

  • Lexislación aplicable
  • Tipos de carretas elevadoras
  • Compoñentes, dispositivos e elementos de manobra
  • Dispositivos de seguridade das carretas elevadoras
  • Conducción da carreta elevadora
  • Operacións de carga e descarga
  • Almacenaxe de cartas. Técnicas e seguridade
  • Equipo de protección personal -E.P.I.-
  • Inspeccións periódicas obligatorias das carretas elevadoras
  • Principais riscos e a súa prevención na condución e manipulación de carretas

Parte práctica:

  • Prácticas de condución de carretas

 

Lugar de impartición: Centro de F.P. Soldeo, S.L. (Pol. Pocomaco, Primera Avenida, 43-45 Parc. C-6/5-6)
Datas e horario:  22 de outubro de 16:00 a 20:00 h. e 23 de outubro de 08:30 a 14:30 h. Inscripcións no correo info@pocomaco.com

 

Descargar programa